• Instagram
  • Youtube
A Coruña , sempre aberta

Bienvenido a la web oficial de turismo de A Coruña

A Torre de Hércules reabre as súas portas o sábado 4 de xullo


Bookmark and Share

A Torre de Hércules reabre as súas portas o sábado 4 de xullo

A Coruña, 1 de xullo de 2020.  A Torre de Hércules, monumento inscrito na lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, reabrirá as súas portas tras o Estado de Alarma pola crise sanitaria o vindeiro sábado 4 de xullo co seu horario habitual de verán, de 10h a 21h.  

Para a reapertura do faro romano foi necesaria a implantación de estritas medidas de seguridade sanitaria e a revisión do Plan de Auto-protección da Torre de Hércules para a protección tanto de traballadores do monumento como de visitantes. Todos os traballadores do faro, así como da Oficina de Turismo e empresas auxiliares recibiron formación específica e intensa sobre os novos protocolos.  

Con estas novas medidas, estremaranse as precaucións tanto na compra de entradas como no acceso ao monumento. Ao punto de venda de tickets só poderá acceder unha persoa por grupo e limitarase a presenza de persoas no interior. Todas as normas son explicadas a través de carteis informativos, ademais de que os folletos xa non se darán fisicamente e poderán ser descargados nos teléfonos móbiles a través de códigos QR.  

Para gozar do monumento será obrigatorio o uso de máscara sanitaria agás aquelas persoas que estean exentas que terán que xustificalo e, en todo caso, manteren a distancia de seguridade en todo momento. Todos os grupos irán acompañados por un/unha guía e só poderán acceder á vez ao monumento 15 persoas a cada hora, durando a visita un máximo de 45 minutos, xa que se usará o cuarto de hora restante para acondicionar os puntos que teñan máis risco de contacto de cara ás seguintes quendas.

Lo mejor de A Coruña