+34 981 184 344   

Praias

Praia de Riazor

Coñece o estado de ocupación dos arenais coruñeses: https://controlpraias.coruna.gal/

A un paso, as praias de Riazor, Orzán, Matadoiro, San Amaro, As Lapas e Oza.

A Coruña ten máis de dous quilómetros de praias na cidade, o que a converte nunha cidade ideal para a prác­tica de todo tipo de deportes náuticos: surf, vela, wíndsurf, submarinismo, remo, piragüismo... A un paso da Praza de Pontevedra as praias de Riazor (610 metros de lonxitude), Orzán e Matadoiro (780 metros de lonxitude) fóndense formando unha cuncha aberta ao Atlántico.

Praia de San Amaro

Se seguimos polo Paseo Marítimo despois do Matadoiro, aos pés da Torre de Hércules, encontramos As Lapas (70 metros de lonxitude), máis tranquila, que che achega á cultura milenaria. Continuando polo Paseo Marítimo chegamos ao barrio de Adormideras, onde está a praia de San Amaro (100 metros de lonxitude) e saíndo da cidade, preto do barrio dos Castros, Oza (100 metros de lonxitude).

En todas ondea a bandeira azul.

na cidade e nos arredores

En verán ou en inverno.

Quen di que na praia só se pode tomar o sol? Un inmenso océano e quilómetros de area invitan a broncearse ou a practicar deportes todo o ano como o surf ou a vela.

Adormideras

Praia de Adormideras

Ver localización en mapa

* Area fina
* Ondas moderadas
* Liñas de autobús: 3, 3A y 5
* Prohibida a entrada de animais

Praia das Lapas

Praia das Lapas

Ver localización en mapa

* 70 m. de lonxitude
* Bandeira azul
* Situada ao pé da Torre de Hércules
* Aseos
* Duchas
* Vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios
* Líneas de autobús: 3A y 5
* Aparcadoiro
* Prohibida a entrada de animais
* ISO 14001

Praia do Matadoiro

Praia do Matadoiro

Ver localización en mapa

* Bandeira Azul
* Aseos
* Duchas
* Vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios
* Liñas de autobús: 3A y 11
* Aparcadoiro
* Prohibida a entrada de animais
* ISO 14001

Praia do Orzán

Praia do Orzán

Ver localización en mapa

* 780 m. de lonxitude
* Bandeira azul
* Praia céntrica e concorrida
* Aseos
* Duchas
* Vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios
* Acceso para minusválidos
* Liñas de autobús: 3A y 11
* Aparcadoiro
* Prohibida a entrada de animais
* ISO 14001

Praia de Oza

Praia de Oza

Ver localización en mapa

* 100 m. de lonxitude
* Situada ao abrigo do vento e das ondas
* Aseos
* Duchas
* Vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios
* Kiosco
* Aparcadoiro
* Prohibida a entrada de animais
* ISO 14001

Praia de Riazor

Praia de Riazor

Ver localización en mapa

* 610 m. de lonxitude
* Bandeira azul
* Praia céntrica e concorrida
* Aseos
* Duchas
* Aluguer de tumbonas
* Vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios
* Acceso para minusválidos
* Liñas de autobús: 3, 3A y 7
* Aparcadoiro
* Prohibida a entrada de animais
* ISO 14001

Praia de San Roque

Praia de San Roque

Ver localización en mapa

* Area fina
* Resgardada do vento
* Liñas de autobús: 3, 3A y 7
* Prohibida a entrada de animais

Nos arredores

Santa Cristina (Oleiros)
880 m. de longuitud (a 6 km.)

Bastiagueiro (Oleiros)
600 m. de lonxitude (a 8 km.)

Santa Cruz (Oleiros)

550 m. de lonxitude (a 12 km.)

Mera (Oleiros)
500 m. de lonxitude (a 17 km.)

Sada (Sada)
400 m de lonxitude (a 18 km.)

Veigue (Sada)

300 m. de lonxitude (a 21 km.)

Gandarío (Bergondo)
700 m. de lonxitude (a 22 km.)

Alba (Arteixo)
900 m. de lonxitude (a 6 km.)

Valcobo (Arteixo)

250 m. de lonxitude (a 10 km.)

Combouzas (Arteixo)
Nudista 300 m. de lonxitude (a 15 km.)

Barrañán (Arteixo)
1.400 m. de lonxitude (a 11 km.)

Salseiras-Caión (Laracha)
800 m. de lonxitude (a 21 km.)

Pedrido (Bergondo)
525 m. de lonxitude (a 24 km.)

Miño (Miño)
600 m. de lonxitude (a 33 km.)

Perbes (Miño)
500 m. de lonxitude (a 26 km)

Leira (Carballo)
1.000 m. de lonxitude (a 30 km.)

Baldaio (Carballo)

3.650 m. de lonxitude (a 38 km.)

Razo (Carballo)
1.300 m. de lonxitude (a 40 km.)