Normas de uso
O Concello da Coruña pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información propiedade ou xerados por esta administración. Desta forma pode encontrar dentro do portal web de turismo contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode encontrar vostede neste portal web sectorial e a licenza de uso á que están sometidos:
Textos
Os textos (agás onde se indique o contrario) do Portal Web de Turismo do Concello da Coruña están licenciados baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 2.5 España License
Vostede é libre de:
- Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
- Facer obras derivadas baixo as condicións seguintes:
- Recoñecemento. Debe atribuír este traballo a Concello da Coruña.
- Non comercial. Non pode utilizar esta obra para fins comerciais.
- Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.
Ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.
Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor. Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do autor.
Outro tipo de contidos
As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou por solicitude de licenza de uso ao Concello, agás onde se indique o contrario. Permisos máis alá do alcance desta licenza están dispoñibles a través desta páxina de petición de información. Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non se ven afectados polo anterior.